PROGRAMA DO BONO AUTÓNOMO (TR341Q)
O prazo de presentación finaliza o 03/03/2020
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200203/AnuncioG0424-140120-0010_gl.pdf
Finalidade / Obxectivo
Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do programa do bono das persoas autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Tipos de apoio
Subvención en réxime de concorrencia non competitiva. Réxime de mínimis.
Beneficiarios potenciais
Investimentos ou gastos computables
Plan de uso das novas tecnoloxías no negocio.
Plan de refinanciamento.
Tamén se poderán subvencionar outros estudos e planes que teñan como fin aumentar a competitividade da empresa.
Así mesmo, poderá ser computable como gasto subvencionable o pagamento do importe do cofinanciamento privado dos servizos contratados co Igape a través do programa Re-Acciona na súa convocatoria para o exercicio de 2020 e sucesivas por parte das persoas traballadoras autónomas.
Liña 2 mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos:
Compra de Maquinaria.
Compra de utillaxe e ferramentas.
Reforma do local do negocio.
Equipos informáticos.
Rótulos.
Aplicacións informáticas e páxinas web.
Creación logotipo do negocio.
Mobiliario.
Na solicitude de axudas, as liñas 1 e 2 non son excluíntes nin entre elas nin entre os distintos servizos e investimentos que as configuran. No caso de solicitar axudas da liña 1 e da liña 2, atenderase en primeiro lugar a liña 1 e despois a liña 2 co límite máximo de 3.000 de axuda polo conxunto de actividades subvencionables.
No caso de reforma do local do negocio exclúese da axuda o domicilio habitual da persoa traballadora autónoma excepto no caso en que quede acreditado que é imprescindible para o desenvolvemento da actividade do negocio.
3. A través desta axuda serán subvencionables os gastos realizados desde o día seguinte ao da publicación desta orde e durante o período subvencionable, efectivamente xustificados, mediante facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento, con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido na resolución de concesión ou, en todo caso, ata o 31 de decembro de 2020.
Non se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos, como é o caso do IVE, cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, segundo dispón o artigo 29.8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
4 Os investimentos deben ser contratados con provedores que se adiquen a actividade obxecto da subvención.
Contía das axudas
Subvención dun 80 % da actividade por subvencionar cun límite máximo de 3.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG; estará dispoñible a aplicación informática da sede electrónica desde as 9.00 horas do día seguinte á súa publicación no DOG ata as 23.59 horas do día de finalización do prazo.
Incompatibilidades
Referencia lexislativa
Orde do 30 de decembro de 2019 (DOG Nº22 de 03/02/2020) – Bases reguladoras e convocatoria 2020
HORARIO TIENDA.-
LUNES A VIERNES.-
10:00 a 14:00
DIRECCIÓN.-
Gran vía 23-25 bajo,
Carballo (A Coruña)
TELF / WHATSAPP .-
981 971 150
EMAIL.-
info@caremer.es