Subvencións para a mellora da imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización

En concreto, consideraranse subvencionables as seguintes actuacións, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2015 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 19.

1) Para os comerciantes retallistas:

a) Acondicionamento do local comercial, sempre que a superficie resultante non supere os 150 m2. Non será de aplicación esta limitación de superficie para as actividades encadradas baixo a epígrafe do IAE 653.1. Esta actuación será subvencionable na superficie comercial dedicada á venda.

Para estas actuacións, o investimento máximo subvencionable será de 10.000,00 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 40 %.

b) Medidas orientadas á mellora da imaxe exterior e adquisición de moblaxe e equipamento dedicado ao desenvolvemento da actividade comercial e para uso exclusivo na superficie de venda.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 5.000,00 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 40 %.

 

2) Para os comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesanais:

a) Ferramentas ou programas informáticos que melloren a xestión do establecemento/obradoiro e o deseño dos seus produtos.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 4.000,00 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

b) Desenvolvemento e implantación de sistemas de empaquetado e etiquetaxe dirixido a mellorar a loxística e a comercialización do produto e o deseño da súa presentación.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 5.000,00 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

c) Novos sistemas de comercialización que combinen o comercio online e offline, poñendo á disposición dos clientes recursos tecnolóxicos, así como a implantación e actualización de páxinas web ou aplicacións para dispositivos móbiles, dirixidas a mellorar a comercialización dos produtos e que conten con tenda online e pasarela de pagamento. Quedan excluídas deste punto as accións e publicidade, así como os traballos de fotografía cando non exista implantación da web.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 6.000,00 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

d) Novos sistemas de comercialización e información ao consumidor que impliquen a utilización das redes sociais para a venda. Quedan excluídas deste punto as accións de publicidade.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 8.000,00 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

subvencións_

Os beneficiarios só poderán solicitar unha actuación por cada epígrafe, e o investimento máximo subvencionable por beneficiario será:

Para os comerciantes retallistas 38.000,00 € (IVE excluído) e para os titulares de obradoiros artesanais 23.000,00 € (IVE excluído) e a porcentaxe de subvención a que se especifica en cada epígrafe.

 

3) Para as federacións de comerciantes:

a) Para o desenvolvemento do m-commerce, aplicacións informáticas (Apps) e webs para teléfonos móbiles. No deseño incluirase como mínimo: deseño gráfico da aplicación, desenvolvemento e a publicación nas plataformas, así como os idiomas. Deberán incluír actividades de promoción, publicidade, ofertas, etc.

Os proxectos que se implanten deberán implicar polo menos 50 establecementos comerciais.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 6.000,00 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

Cada federación só poderá presentar a solicitude para unha aplicación informática (apps).

4) Para as asociacións profesionais de artesáns:

a) Sistemas que, engadidos ao produto ou ao seu empaquetado ou envase completen a súa información, sinalando o proceso de elaboración, a historia, a rastrexabilidade ou outros valores engadidos.

Neste caso, os proxectos que se implanten deberán implicar polo menos 20 obradoiros.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 90.000,00 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 70 %.

b) Proxectos de deseño e creación de novos produtos a partir da colaboración de dous ou máis artesáns e un deseñador.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 80.000,00 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 70 %.

Os beneficiarios só poderán solicitar unha actuación para cada epígrafe.

En ningún caso o custo da adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Segundo o artigo 29.8 da Lei 9/2007, en ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

subvencións-

Así mesmo, non serán subvencionables nesta orde de axudas, os seguintes conceptos:

– Ordenadores.

– Bolsas, etiquetas e caixas convencionais.

– Impresoras.

– Televisores.

– Sistemas de alarma ou similares.

– Os impostos recuperables ou repercutibles polo beneficiario.

Epígrafes do IAE subvencionables

641. Comercio polo miúdo de froitas, verduras, hortalizas e tubérculos.

642. Comercio polo miúdo de carnes e miúdos; de produtos derivados cárnicos elaborados: de ovos, aves, coellos de granxa, caza; e de produtos derivados deles.

643. Comercio polo miúdo de peixes e doutros produtos da pesca e da acuicultura e caracois.

644. Comercio polo miúdo de pan, pastelaría, confeitaría e similares, e de leite e produtos lácteos.

645. Comercio polo miúdo de viños e bebidas de todas clases.

647.1. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e de bebidas en establecementos con vendedor.

647.2. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e de bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en establecementos cuxa sala de vendas teña unha superficie inferior a 120 metros cadrados.

647.3. Comercio polo miúdo de calquera clase de produtos alimenticios e de bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en supermercados, denominados así cando a superficie da súa sala de vendas se encontre comprendida entre 120 e 399 metros cadrados.

651. Comercio polo miúdo de produtos téxtiles, confección, calzado, peles e artigos de coiro.

652.2. Comercio polo miúdo de produtos de drogaría, perfumaría e cosmética, limpeza, pinturas, vernices, disolventes, papeis e outros produtos para a decoración e de produtos químicos.

652.3. Comercio polo miúdo de produtos de perfumaría e cosmética, e de artigos para hixiene e aseo persoal.

652.4. Comercio polo miúdo de plantas e herbas en herbolarios.

653. Comercio polo miúdo de artigos para o equipamento do fogar e a construción.

654.2. Comercio polo miúdo de accesorios e pezas de recambio para vehículos.

654.5. Comercio polo miúdo de toda clase de maquinaria.

657. Comercio polo miúdo de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios.

659.2. Comercio polo miúdo de mobles de oficina e máquinas e equipamentos de oficina.

659.3. Comercio polo miúdo de aparellos e instrumentos médicos, ortopédicos, ópticos e fotográficos.

659.4. Comercio polo miúdo de libros, xornais, artigos de papelaría e escritorio e artigos de debuxo e belas artes.

659.5. Comercio polo miúdo de artigos de xoiaría, reloxaría, prataría e bixutaría.

659.6. Comercio polo miúdo de xoguetes, artigos de deporte, roupa deportiva, de vestido, calzado e lacado, armas, cartucharía e artigos de pirotecnia.

659.7. Comercio polo miúdo de sementes, fertilizantes, flores e plantas e pequenos animais.

661.3. Comercio polo miúdo en almacéns populares, entendendo por tales aqueles establecementos que ofrecen en seccións múltiples e venden en autoservizo ou en preselección un variado relativamente amplo e pouco profundo de bens de consumo, cunha gama de prezos baixa e un servizo reducido.

662.2. Comercio polo miúdo de toda clase de artigos.

663. Comercio polo miúdo fóra dun establecemento comercial permanente.

Máis información:

https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=IN&codProc=201H&procedemento=IN201H

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Rellena este campo
Rellena este campo
Por favor, introduce una dirección de correo electrónico válida.
Necesita estar de acuerdo con los términos para continuar

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Menú