Programa bono das persoas autónomas 2023

Subvención Autónomos 2023 - Informática

 

AXUDA ÁS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS PARA A MELLORA DA COMPETITIVIDADE DA ACTIVIDADE EMPRESARIAL.

PERSOAS BENEFICIARIAS:

As persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou mutualidade de colexio profesional, cunha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos de actividade e cun rendemento neto reducido no 2021 inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros (IVE incluído).

As sociedades de calquera clase e comunidades de bens cunha facturación mínima anual de 12.000 euros (IVE incluído) e unha base impoñible inferior a 30.000 euros no Imposto sobre Sociedades no ano 2021.

As entidades que tributen no réxime de atribución de rendas cun rendemento neto reducido de actividades económicas declarado no IRPF da suma de todos os seus membros inferior a 30.000€.

 

INTENSIDADE DA AXUDA E INVESTIMENTOS SUBVENCIONABLES:

80% do investimento cun importe  máximo de: 3.000 €

O gasto debe estar realizado e efectivamente pagado entre o 1  de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude.

Son subvencionables os seguintes investimentos:

—+ Compra de maquinaria

—+ Compra/ instalación para a mellara da eficiencia enerxética

—+ Substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos

—+ Compra de utillaxe e ferramentas

—+ Reforma do local do negocio

—+ Equipamento informático

—+ Equipamento de oficina/ negocio

—+ Rótulos

—+ Aplicacións informáticas, webs, apps e redes sociais

—+ Deseño de marca

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Rellena este campo
Rellena este campo
Por favor, introduce una dirección de correo electrónico válida.
Necesita estar de acuerdo con los términos para continuar

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Menú