Bonos para autónomos 2022

 

A Xunta de Galicia ten publicado as bases reguladoras do programa do bono das persoas autónomas para o ano 2022. As solicitudes atenderanse por orde de entrada ata acabar os fondos.

Beneficiarios:

a)            Persoas traballadoras autónomas que residan e teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional, de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda, por un prazo de 42 meses e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declaradas inferior a 30.000 € e unha facturación mínima anual de 12.000 €, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2020.
b)           Sociedades de calquera tipo, con domicilio en Galicia
– que teñan un autónomo cunha antigüidade superior a 42 meses.
– que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 € na declaración do 2020.
– que a empresa teña unha base imponible no imposto de sociedades referida ao ano 2020 inferior 30.000 €
A persoa beneficiaria deberá permanecer de alta no RETA durante un mínimo de dous anos desde a solicitude da subvención, salvo cesamento por causas alleas a súa vontade.

Excluídos:

Familiares que realicen traballos para o autónomo ou mutualista.
Persoas que cobrase o bono das personas autónomas nalgunha convocatoria anterior.

Contía e conceptos subvencionables:
Poderase conceder para a mellora da competividade da actividade empresarial ou profesional das persoas beneficiarias desta orde unha subvención do 80 %, cun máximo de ata 3.000 €, mediante pagamento anticipado.

Conceptos subvencionables:

1)           Mellora da competitividade: investigación de mercado, plan de marketing, plan de comunicación de negocio, plan estratéxico de negocio, plan de crecemento, plan de reorientación do negocio, plan de uso de novas tecnoloxías no negocio, plan de refinaciamento, plan de eficiencia enerxética, plan de transformación dixital.
2)           Compra de maquinaria, compra de útiles e ferramentas, reforma do local de negocio, rótulos, aplicacións informáticas e páxinas web, creación do logotipo do negocio, mobiliario, instalacións para mellora de eficiencia enerxética, investimentos para substitución de combustibles fósiles, …
Tamén se poderán ter en consideración calquera outro servizo ou actividade non incluído nos parágrafos anteriores que poida ser considerado de maneira indudable como dirixido á mellora da competitividade.

As liñas 1 e 2 non son excluíntes.

A través desta axuda serán subvencionables os gastos realizados desde o día 1 de xaneiro de 2022 e durante o período subvencionable, efectivamente xustificados, mediante facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento, con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido na resolución de concesión ou en todo caso ata o 5 de decembro do exercicio en curso.
 
Documentación:

a)            Poder da persoa representante, se é o caso.
b)           Memoria descritiva do servizo/actividade solicitada no cal consten, entre outros, a xustificación da necesidade para o desenvolvemento da mellora competitiva (anexo I).
c)            Certificación da entidade prestadora do servizo/actividade na cal conste a súa idoneidade para a súa prestación e o contido da dita prestación.
d)           No caso de estar realizado o servizo, facturas e o seu xustificante bancario de pago ou a factura proforma ou orzamento detallado dos investimento.
e)           Cando o importe dos gastos supere os 18.000 € deberá presentarse presuposto de tres proveedores con carácter previo á contratación do servizo, salvo que polas especiais características do servizo non exista no mercado suficiente número de entidades que o presten, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude de subvención.
f)            Modelos normalizados que figuran como anexos desta orde dispoñibles na sede electrónica.
g)            Documentación xustificativa do volume de facturación: IVE ou Imposto de Sociedades.
h)           No caso dos autónomos que tributen por módulos, declaración responsable da facturación realizada no último exercicio económico.
i)             A presentación da solicitude xunto coa documentación farase por medios electrónicos.

Prazo de presentación de solicitudes:

O prazo de presentación dará comezo o día 14 de xaneiro ata o día 14 de febreiro de 2022
(DOG 30 de decembro de 2021).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Rellena este campo
Rellena este campo
Por favor, introduce una dirección de correo electrónico válida.
Necesita estar de acuerdo con los términos para continuar

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Menú